NUEVA AYUDA HOSTELERIA Y AGENCIAS DE VIAJES
PEL REACTIVA:
PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO
Á HOSTALERÍA E ÁS AXENCIAS DE VIAXES
Xestionado pola Deputación e os concellos de menos de 50.000 habitantes
OBXETIVO PRINCIPAL
Reactivación e mantemento da actividade económica e do emprego nos sectores da hostalería e o das axencias de viaxes.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas que figuren dadas de alta no IAE, en calquera dos epígrafes das agrupacións:
- 67 (Bares e restaurantes)
- 68 (Hospedaxe)
- 755 (Axencias de viaxe)
- Epígrafe 969.1 (Salas de festa e discotecas) pertences á Sección 1ª
REQUISITOS
- Ter o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50 000 habitantes.
- Estar dadas de alta nalgún(s) dos epígrafes indicados anteriormente.
- En caso de persoas físicas: Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social.
- Non atoparse incursa en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.
EXCLUSIÓNS
Non poderán ser solicitantes:
- As persoas traballadoras autónomas ou microempresas que teñan sido beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica Social da Provincia da Coruña
- As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia.
- As asociacións, autónomos colaboradores e as corporacións de dereito público (Confrarías…)
- Os/as socios/as ou accionistas dunha sociedade, se xa a presentaron como parte da sociedade.
CONTÍAS E COMPATIBILIDADE
O importe a recibir terá unha contía fixa de 1 500€ por persoa beneficiaria, ata esgotar o crédito dispoñible (que son 9.000.000€)
Este programa é compatible con calquera outro programa ou axuda concedida por entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade.
Queda sometida ao réxime de minimis en todas as súas liñas (a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá de 200.000€ durante os tres últimos exercicios fiscais).
FORMA, PRAZOS, E DOCUMENTACIÓN DA SOLICITUDE
A solicitude se presentará a través da plataforma telemática SUBTeL, tendo que dispoñer da sinatura electrónica da persoa física ou do representante legal da entidade.
O prazo da presentación de solicitude iniciarase o día 3 de maio de 2021 ás 8.00 horas.
Documentación a presentar:
- Certificado de Vida laboral do/a autónomo/a onde conste a data de alta no RETA (no caso de ser persoa física)
- Certificado de situación censual da Axencia Estatal Tributaria, actualizando a efectos de determinar a data de inicio da actividade.
- Información de datos bancarios:
- Persoas físicas que actúen no seu propio nome: designación de conta bancaria (código IBAN ou CCC)
- Persoas físicas que actúen a través de representante e persoas xurídicas: certificación bancaria ou documento de banca electrónica que conteña a seguinte información:
- Nome ou razón social
- CIF/NIF
- Identificación da conta bancaria (código IBAN/CCC)
- Deberán declarar de xeito responsable o cumprimento de todos os requisitos esixidos e o cumprimento dos compromisos e obrigas das persoas beneficiarias.
Para máis información, pode consultar o BOP número 72, do martes 20 de abril de 2021 ou contactar con Eixo Gestión.